PNV e PSE chegan a un principio de acordo para repetir coalición en Euskadi
Publicado o 27/08/2020 14:33
En Euskadi, o PNV e os socialistas vascos pecharon un principio de acordo para repetir a coalición de Goberno. O acordo vai ser ratificado nas executivas dos dous partidos, que se reúnen hoxe. O seguinte paso será o repartimento das carteiras.
Unha das incógnitas é se accede ao Goberno a líder dos socialistas vascos, Idoia Mendia.