CRTVG

Buscar

Pleno no Concello de Tui para habilitar unha axuda dun millón de euros

Publicado o 01/06/2018 08:52

Pleno esta tarde no concello de Tui para habilitar unha axuda dun millón de euros para os afectados pola explosión. 

Esas axudas por valor dun millón de euros son unha das propostas aprobadas esta mañá na xunta de portavoces. Tamén acordaron levar ao pleno, que se está a celebrar agora, a solicitude de declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil. As dúas opcións vanse tramitar como mocións de urxencia. Os ultimos datos falan de 364 expedientes de incidencias que abranguen máis de 700 persoas afectadas. 

Dúas aulas do centro rural agrupado Mestra Clara Torre quedaron inutilizables trala explosión. Once nenos tiveron que ser escolarizados noutros centros. Arranxar as clases custará uns 30.000 euros.

Mais complicado será reconstruír o barrio da Torre. Continúan as valoracións de danos, e todo apunta que ascenderán a varios millóns de euros.

Os máis de 300 afectados pola explosión xa se constituiron en plataforma para loitar xuntos por recuperar as súas vidas.

Noticias web

01/06/2018