CRTVG

Buscar

Ausencia da maioría dos vendedores no mercado ambulante da Pobra do Caramiñal

Publicado o 07/04/2021 15:25

O aumento de contaxios na Pobra, con 35 novos casos en 14 días, levou o Concello a dividir o mercado ambulante dos mércores. Os 17 postos de alimentación quedan na localización habitual, preto da praza de abastos. Os de téxtil e calzado teñen que montar na praza que está do outro lado da alameda. Como son máis numerosos, uns 120, deben alternarse ao 50 % cada semana.

Pero hoxe, primeiro día desta nova medida, moitos vendedores de roupa ausentáronse. Só tres comerciantes montaron no novo espazo, e non demasiado convencidos. O alcalde explicou que se lles deu prioridade aos postos de produtos básicos e perecedoiros.

O traslado dos postos de roupa e calzado decidiuse para controlar mellor a ocupación. E a única alternativa á situación actual sería a suspensión do mercado mentres non se reduzan os contaxios.
 

Noticias web

07/04/2021