Piti Sanz: "'S4N7' son 10 anos contados en 11 cancións. Non foi doado, falo de temas como a pobreza ou a alienación"
Publicado o 18/01/2021 17:46
'S4N7' é o primeiro disco da banda de Piti Sanz con Ro Muñoz e Adrián Arias. 'Todos sale mal' é o primeiro sinxelo deste traballo que inclúe temas compostos por P. Sanz e un de Víctor Jara. Son once cancións que condensan os últimos e difíciles dez anos da historia de Piti Sanz gravados en EDISCO na Estrada (Pontevedra) con Fernando Campos como técnico.