CRTVG

Buscar

Unha plataforma dixital pon en contacto aos posuídores de piscinas con posibles usuarios

Publicado o 13/06/2021 13:53

Gozar dun domingo nunha piscina privada coa familia ou cos amigos xa é posible en Galicia aínda que non dispoñamos dunha. A plataforma Swymmy pon en contacto aos posuídores de piscinas que queren alugalas con posibles usuarios. Hoxe estivemos en Vigo nunha delas. Por vinte euros podemos pasar media xornada ao sol.

Jonathan, Carolina e Iago gozan da piscina en grupo como se fose súa.Sen xente allea e sen agobios. Co seu círculo máis próximo.Cada un deles pagou 20 euros por gozar da finca da piscina e do mobiliario de xardín e a barbacoa.

É un plan perfecto de domingo que ata agora só podíamos facer se tiñamos un amigo con piscina. A pandemia e as novas tecnoloxías fixeron posible que Jesús del Campo gañe uns cartos extras e que calquera que así o desexe poda empregar a piscina.

Esta e outras piscinas de Galicia pódense alugar en swimmy, Jesús tamén aluga a vivenda con estas vistas de Vigo a través doutra plataforma.

Noticias web

13/06/2021