CRTVG

Buscar

Facenda négalles a devolución do IRPF de maternidade ás primeiras que reclamaron

Publicado o 23/05/2019 19:56

O Ministerio de Facenda comprométese a buscar unha solución para as nais e pais que reclamaron, sen éxito, a devolución do IRPF de maternidade antes da sentenza do Supremo. 

Eva Ezcurra foi unha desas pioneiras. Reclamou a Facenda cando lle retiveron o IRPF das prestacións de maternidade. Facenda denegoulle a devolución, e moitas, entre elas Eva, desistiron de recorrer a unha vía xudicial que prevían longa e custosa. Meses despois, o Supremo deulles a razón pero, legalmente, o seu expediente está pechado, polo que Facenda volveulles negar a devolución.

Consideran que é un trato inxusto e discriminatorio que afecta centos de persoas. Hai moitas mais que aínda non o saben. Coordináronse nunha asociación de afectadas para intentar que se lles abra a porta da política unha vez que teñen pechada a da xustiza. Este xoves tiveron a primeira resposta. O Ministerio de Facenda asegura que a Avogacía do Estado estudará de oficio estes casos para buscarlles unha solución. Descoñecen que mecanismo empregarán. E tampouco lles importa. É, di Eva, a primeira luz ao final do túnel.

Noticias web

23/05/2019