CRTVG

Buscar

Pinta o seu propio coche para deixarlle unha mensaxe romántica á moza

Publicado o 09/03/2021 14:44

José buscaba sorprender a súa parella dun xeito especial, e nun acto de romanticisimo ocorréuselle pintar o seu propio coche cunha mensaxe de amor e deixalo aparcado baixo a ventá da súa moza. Pero a sorpresa non foi só para ela.

Todos os veciños desta rúa do Carballiño quedaron asombrados con este acto, que para algúns é apaixonado e para outros demasiado excesivo. 

Hai opinións para todos os gustos, pero o importante é que a receptora desta romántica mensaxe de amor quedou encantada coa sorpresa. 

Noticias web

09/03/2021