CRTVG

Buscar

Piñor estrea unha área municipal para autocaravanas

Publicado o 23/11/2019 20:27

O concello de Piñor inaugurou unha área de autocaravanas municipal, situada no Monte dos Cestos, preto da vía da Prata.

Esta nova infraestrutura turística reforza a oferta dirixida a un modelo de turismo en crecemento que busca o contacto co medio natural.

No acto, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, adiantou que a Xunta está a traballar coa FEGAMP na elaboración dunha ordenanza tipo que regule os usos e servizos mínimos destas áreas municipais.

Anunciou tamén que se está deseñando unha aplicación móbil para autocaravanistas que permita coñecer as áreas galegas e as infraestruturas de cada unha.

A Asociación Galega de Autocaravanas celebrou nesta nova área a súa asemblea anual de socios.

Noticias web

23/11/2019