Pilar Ponte: "A verdadeira liberdade lingüística é dominar varias e poder escoller"
Publicado o 28/01/2020 18:06
Pilar Ponte recibiu o premio da Cultura Galega de Lingua polo proxecto '21 días co galego e +'. É un reto en que se convida o alumnado a falar en galego dentro e fóra das aulas durante 21 días.
A proposta naceu no IES A Pobra do Caramiñal no 2013 e este ano participan dez centros, case 4.000 alumnos.