Pilar de Lara cesa como xuíza cumprindo a suspensión de sete meses que lle impuxo o CXPX
Publicado o 30/01/2020 16:40

A maxistrada Pilar de Lara cesou hoxe como titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, en execución da sanción de sete meses e un día de suspensión de funcións que lle impuxo a Comisión Disciplinaria do CXPX e confirmou o Pleno dese órgano por unha falta moi grave de desatención no exercicio das competencias xudiciais, prevista no artigo 417.9 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
A execución fíxose efectiva despois de que o Tribunal Supremo desestimase o pasado venres a petición de suspensión cautelar da sanción exposta pola maxistrada.