CRTVG

Buscar

Piden unha solución para que os escolares poidan cruzar con seguridade nun paso de peóns en Ourense

Publicado o 22/04/2021 15:25

Primeiro obstáculo: a falta de visibilidade nun paso de peóns polo que atravesan a diario os escolares do barrio de Barrocás en Ourense. Segundo obstáculo: un muro e unha beirarrúa raquítica. 

A veciñanza e sobre todo as nais e os pais están preocupados pola falta de seguridade e piden unha solución.

A falta de seguridade viaria neste paso peonil é unha vella reivindicación veciñal e tamén da Federación de Ampas de Ourense.

Noticias web

22/04/2021