CRTVG

Buscar

Piden tres anos e medio de prisión por abusos sexuais para un usuario do xeriátrico de Bóveda

Publicado o 19/05/2021 13:50

Un usuario da residencia de maiores de Bóveda sentou no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo por un delito de abusos sexuais en grao de tentativa. Os feitos aconteceron en decembro de 2017, cando a vítima accedeu ao interior do cuarto do presunto agresor.

Segundo o escrito da acusación, o procesado intentou aproveitarse do estado da súa discapacidade mental grave para "satisfacer os seus instintos libidinosos".

Con pleno coñecemento de que o outro interno non podía consentir nin comprender a situación, frotouse contra el cos calzóns baixados, pero unha coidadora que pasaba polo corredor colleuno na allada.

A Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo solicita para o acusado unha pena de tres anos e seis meses de cadea, unha orde de afastamento por cinco anos e o pagamento dunha indemnización de 10.000 euros. Pola súa parte, o procesado negou os feitos que lle imputan, polo que a defensa pediu a libre absolución.

 

Noticias web

19/05/2021