CRTVG

Buscar

Piden que se estendan os ERTE mentres non se poida retomar a actividade ao 100%

Publicado o 30/04/2020 20:06


En Galicia, hoxe en día hai máis de 230.000 persoas afectadas por un ERTE. En total en España son máis de 5 millóns e preto dun millón non cobrará aínda este mes a prestación por desemprego ante a imposibilidade de tramitalo.
Os empresarion piden que se manteñan os ERTE mentres non poidan retomar a actividade ao 100%.

En Galicia preto de 70.000 traballadores por conta propia perciben a prestación por cesamento de actividade e a exoneración da cota de autónomos. Algo que non sucede con outros autoempregados que tamén sofren a crise.

A Xunta e o Ministerio de Traballo habilitaron fórmulas que permitan que os bancos adianten o pagamento das prestacións aos afectados.

Noticias web

30/04/2020