CRTVG

Buscar

Piden que se controle o consumo de auga na Guarda

Publicado o 20/08/2021 14:00

Só os máis atentos á actualidade coñecen na Guarda a recomendación do Goberno local de reducir o consumo de auga, aproveitar a auga das coccións para regar, non deixar as billas abertas ou non desbotar a auga da ducha antes de que queza.

Este ano a poboación triplicouse no verán e o Concello alertou da posibilidade de facer cortes de subministración se era preciso.

Os máis coñecedores das necesidades da vila consideran que hai un problema de previsión e que fan falta novas infraestruturas que garantan a subministración tendo en conta que o turismo e as temperaturas medran cada ano en Galicia.

Coa fin do verán o problema semella remitir, agás en zonas como a entidade local de Camposancos, onde hai cortes de auga con relativa frecuencia.

Noticias web

20/08/2021