CRTVG

Buscar

Piden prisión permanente a unha parella de Elxe por asasinar o fillo dun deles

Publicado o 31/08/2020 14:00

O pai do neno de dous anos que morreu supostamente asasinado pola nai e a súa nova parella en Elxe pide a pena de prisión permanente revisable para os dous.

Esta mañá empezou o xuízo coa elección do xurado popular. Os feitos sucederan hai dous anos, cando o pequeno ingresou xa inconsciente no hospital, e morreu aos catro días. Tiña un golpe forte na cabeza e lesións antigas en varias partes do corpo. A Fiscalía pide 28 anos de cadea para os acusados.

Noticias web

31/08/2020