Piden oito anos de prisión para un home acusado de abusar dunha muller que acollera na casa
Publicado o 11/11/2020 14:35

En Vigo comezou o xuízo contra un home acusado dun delito continuado de agresión sexual. O Ministerio Fiscal solicita para o acusado oito anos de prisión por agredir sexualmente unha muller que acollera na súa vivenda porque non tiña onde ir.
Segundo o escrito da Fiscalía, aproveitaba momentos en que a vítima durmía por efectos da medicación que tomaba e do alcol para abusar dela. Ademais da pena de cárcere, o acusado enfróntase a unha indemnización de dez mil euros por danos morais e á prohibición de achegarse ou comunicarse coa muller durante o tempo da condena.