CRTVG

Buscar

Piden catro anos de prision para un home acusado de causar un incendio en Porqueira

Publicado o 11/02/2020 14:29

En Ourense xulgan un home por supostamente prenderlle lume ao monte en Porqueira. Pídenlle catro anos de cadea. A superficie queimada non foi moita, uns 100 metros cadrados, pero o risco de incendio era extremo ese día. Nos labores participou o servizo de extinción de incendios da Xunta.

Segundo consta no escrito da fiscalía, o home empregou o seu vehículo para acceder ao lugar, no concello ourensán de Porqueira, onde supostamente coa axuda dun acendedor lle prendeu lume ao monte en dous puntos equidistantes.

 

Noticias web

11/02/2020