CRTVG

Buscar

Piden a reapertura das termas públicas de Ourense

Publicado o 14/07/2020 14:20

As pozas de Outariz baleiras en xullo, todas as públicas que son de balde seguen pechadas. Sen dúbida é unha imaxe insólita en Ourense.

Fartos de esperar a que abran as instalacións termais, asiduos da Chavasqueira limpan zonas do río onde poden aproveitar os beneficios da auga mineromedicinal.

Hoxe traballadores dun obradoiro de emprego reparan os desperfetos das riadas de hai medio ano, pero polo momento non está prevista a súa reapertura. As únicas termas que están abertas son as de pago de Outariz.

Turistas e ourensáns piden que reabran as pozas con medidas de seguridade contra a covid-19. Dende o Concello de Ourense din que polo momento non vai abrir ningunha das pozas das beiras do Miño porque non ven posible clorar a auga nin controlar a ocupación. Si abrirá en breve a piscina termal das Burgas.

Noticias web

14/07/2020