CRTVG

Buscar

Piden a eliminación inmediata da peaxe da AP-9 entre Vigo e Redondela

Publicado o 01/02/2019 16:18

É un dos trazados máis caros de toda a rede estatal de autoestradas, con 0,95 céntimos polos tres quilómetros que separan o barrio vigués de Teis e a parroquia redondelá de Chapela na AP-9, á altura de Rande. A supresión da peaxe neste tramo é unha vella reclamación dos veciños.

En xaneiro de 2018 a Xunta e o daquela ministro de Fomento asinaron un acordo para liberar a peaxe no mes de xullo. Os veciños denuncian que desde entón non houbo avances. Tamén reclaman pantallas acústicas e a conversión en tramo urbano no acceso da AP-9 á cidade.

Noticias web

01/02/2019