Piden 12 anos para o empresario portugués que intentou asasinar a súa parella nun hotel de Vigo
O empresario portugués acusado de intentar asasinar a súa parella nun hotel de Vigo será xulgado a próxima semana na Audiencia de Pontevedra. A Fiscalía pide para el doce anos de prisión por un delito de tentativa de homicidio co agravante de parentesco, ademais dunha orde de afastamento a unha distancia de menos de cincocentos metros e unha indemnización polas secuelas físicas e psíquicas.
Os feitos ocorreron nun hotel do centro de Vigo en 2016, segundo o escrito da acusación, a muller estaría na ducha cando o acusado a golpeou cun mazo na caluga e na cabeza en reiteradas ocasións e tratou de estrangulala. Segundo o atestado policial a muller conseguiu fuxir e o home sufriu un infarto agudo. A consecuencia do ataque a vítima sufriu un traumatismo cranioencefálico e diversas feridas. O xuízo celebrarase o próximo mércores na Audiencia Provincial.