CRTVG

Buscar

Épico triunfo do Durán Maquinaria Ensino en Guipúscoa

Publicado o 27/12/2020 19:04

A crónica do triunfo do Durán Maquinaria Ensino en Guipúscoa hai que empezala case polo final. Porque cando quedaba menos dun minuto as galegas estaban sete puntos abaixo. Merrit Hempe porfiou polo rebote e puxo o 75-70. Na seguinte xogada as locais non foron quen de pasar do centro do campo pola presión de Vega Gimeno, recuperou a bóla e acadou canastra: tres abaixo a 26 segundos. O Ensino defendeu con intensidade e o lanzamento do Guipúscoa non tocou nin o aro. Quedaban dez segundos para forzar a prórroga. O balón pasou por Stanacev e Aliaga ata acabar nas mans de Vega Gimeno. Tentou o lanzamento de tres e provocou a falta de Salinero. Tres tiros para non perder, os tres para dentro. E co subidón de moral da remontada, engancharon un 5-0 de saída no tempo extra e xogaron coa ansiedade do rival para levar o triunfo da cancha dun rival directo.

Oitava vitoria da temporada con dous nomes destacados: Hempe: 25 puntos e sete rebotes e, sobre todo, Vega Gimeno: 28 puntos, 7 rexeitamentos apañados, 8 faltas provocadas e 38 puntos de valoración. A valenciana confírmase como a MVP española do que vai de temporada.

Noticias web

27/12/2020