CRTVG

Buscar

Picaduras controladas no Meixoeiro para confirmar que a vacina para a avespa común é efectiva para velutinas

Publicado o 08/12/2020 15:53

A técnica de someter a picadas de avespa ou abella a persoas alérxicas ao seu veleno previamente vacinadas é usual na sanidade española. O obxectivo é comprobar a eficacia da vacina, e nunca se fixera con avespa velutina.

O hospital Meixoeiro de Vigo é o primeiro, e as persoas que ata o de agora se someteron á técnica no tiveron reaccións adversas. Malia que os alergólogos xa comprobaran que os pacientes vacinados resistían novas picadas espontáneas no campo ou na rúa, a repicada controlada en consulta médica engade garantías.

"O que facemos é lograr demostrar que o insecto vivo picando nun medio controlado e dun xeito longo, 15 o 20 segundos sobre o brazo do doente, inxecta unha cantidade de veleno suficiente para producir unha reacción. E se non se produce é porque a vacina e perfectamente eficaz", explica Luis Arenas, alergólogo do Complexo Hospitalario de Vigo.

Desde o Departamento de Alergoloxía do Meixoeiro lembran que a picada de velutina non é máis perigosa que a da avespa común, e que a vacina mensual protexe por igual do veleno das dúas especies.

"Poden estar tranquilos porque unha seguinte picada no campo dunha avespa velutina, mesmo de varias, dúas ou tres, non vai poñer en perigo a súa vida se están correctamente vacinados", salienta. 

No hospital de Vigo vacinan mensualmente 410 alérxicos e en toda Galicia, preto de tres mil.

Noticias web

08/12/2020