Pharmamar comercializa un novo test PCR que diferencia a covid-19 doutros virus como a gripe
Publicado o 24/11/2020 15:24

A compañía Pharmamar lanza un novo test PCR que detecta e diferencia a covid-19 doutros virus como a gripe.
Segundo a farmacéutica, con este test pódese realizar unha diagnose rápida e precisa. Isto permite aos médicos clasificar os pacientes e determinar tanto o tratamento como as medidas de illamento máis axetadas para cada caso.
Pharmamar xa o puxo a disposición dos hospitais e laboratorios. Trátase dun test altamente sensible, cunha detección de máis do 95 por cento.