Pfizer solicitará autorización para administrar unha terceira dose de reforzo da súa vacina
Publicado o 09/07/2021 12:41

A farmacéutica Pfizer vai solicitar autorización en Europa e nos EUA para administrar unha terceira dose de reforzo da súa vacina contra o coronavirus.
A farmacéutica asegura que os resultados ofrecidos pola vacina en Israel evidencian que a súa efectividade se reduce despois de seis meses.
As autoridades sanitarias estadounidenses emitiron un comunicado para asegurar que as persoas que teñen a pauta completa non necesitaban, neste momento, unha nova dose.