Peugeot lanza un novo modelo eléctrico que se fabricará en Vigo
Publicado o 16/02/2021 17:33

Peugeot anunciou o lanzamento ao mercado dun novo modelo cen por cento eléctrico que se fará en Vigo. Este vehículo e a súa versión térmica suporán carga de traballo para a factoría viguesa do grupo.
O denominado Peugeot e-Rifter contará cunha autonomía de 280 quilómetros, cero emisións e comercializarase en Europa no segundo semestre do ano.