CRTVG

Buscar

Pesadume en Carballo pola morte do escolar do CEIP Fogar

Publicado o 16/06/2021 14:02

O colexio Fogar e a súa contorna están sumidos nun ambiente de silencio que amosa a dor xerada polo accidente que onte lle custou a vida a Carlos, un alumno de sexto. Profesores do cadro docente estiveron pola mañá nese centro de Carballo. As instalación están pechadas no que queda de semana debido ás tres xornadas de loito que ordenou a Consellería de Educación.

O tráxico accidente xerou expresións de apoio á familia e de tristura polo pasamento de Carlos. Todo o colectivo humano vencellado ao colexio Fogar de Carballo, un centro con máis de medio século de historia, enfronta desde hai vinte e catro horas un final de curso marcado pola dor que supón a perda dunha vida de só once anos.

Noticias web

16/06/2021