Persoas con discapacidade volven saír á rúa despois de seren vacinadas
Publicado o 03/03/2021 16:41
Viven a poucos minutos do mar, pero levaban moitos meses sen velo. Laura, Raquel, Gonzalo e Isaac saen da residencia por vez primeira desde o mes de agosto.
Xa inmunizados, recuperan a liberdade que a pandemia lles quitou. Saúdan vellos coñecidos, toman algo, olen o mar teñen claro que a vacina pagou a pena.
Agora o seu desexo é que se vacine canto antes o resto do colectivo, as persoas con parálise que non viven en residencias, e poder pasear xuntos baixo un sol que xa sabe a primavera.