CRTVG

Buscar

Persoas con competencias dixitais, novo perfil laboral da era pos-covid

Publicado o 23/07/2020 14:09

A pandemia acelerou a busca de novos perfís profesionais. A necesidade de que os negocios estean posicionados na Rede disparou a busca de persoas con competencias dixitais.

A pandemia acelerou a transformación das empresas e impulsou un modelo de negocio que agora dominan as plataformas dixitais. E con elas comezou a busca doutros perfís de traballadores.

Os expertos cren imprescindible comprender os novos consumidores e ter unha estratexia de negocio clara. Os retos son maiúsculos para todas as empresas.

As competencias dixitais gañan terreo nun momento en que o diálogo directo entre empresa, cliente e provedor, xa non é necesariamente presencial.

 

Noticias web

23/07/2020