CRTVG

Buscar

Persoal de Repsol corta os accesos á refinería da Coruña en protesta polo ERTE

Publicado o 28/04/2021 16:17

O cadro de persoal de Repsol volveu manifestarse contra o ERTE que prepara a empresa. Un cento de empregados cortaron á primeira hora da mañá os accesos á refinería, na estrada que une A Coruña e Meicende.

Protestaban pola saída prevista de 212 persoas, e cifran en 3.000 as familias que se van ver afectadas entre empregos directos e indirectos. Os traballadores non cren os argumentos de Repsol, e agardan avances na reunión da mesa negociadora prevista para mañá.