CRTVG

Buscar

Persoal de Alu Ibérica Coruña esixe unha xuntanza co Ministerio de Industria

Publicado o 17/06/2021 13:57
Persoal de Alu Ibérica Coruña esixe unha xuntanza co Ministerio de Industria

Nova concentración do persoal da factoría de Alu Ibérica da Coruña, a antiga Alcoa, para esixir unha xuntanza urxente co Ministerio de Industria. Logo da sentenza da Audiencia Nacional que obriga a Alcoa a indemnizar e recolocar estes traballadores, esixiron diante da Delegación do Goberno unha solución de futuro. Queren unha intervención das administracións para garantir o emprego e a produción de aluminio primario en Galicia.

Noticias web

17/06/2021