CRTVG

Buscar

Permanecen activos preto de 600 gromos da covid en España

Publicado o 07/08/2020 21:15

O Departamento de Saúde vasco faille probas á clientela dun bar de Donostia. Parte do persoal deu positivo e agora investiga a dimensión do gromo.

Esta semana en Euskadi medraron os casos de xeito significativo. Nas últimas vintecatro horas notificáronlle ao Ministerio 400 contaxios.

En Madrid, con 560, tamén aumentan as infeccións e as autoridades rastrexan as 200 persoas que participaron nunha voda en San Sebastián de los Reyes, onde se detectou un gromo.

Valencia, que se mantiña por baixo do centenar, suma case 160 contaxios, ao igual que Andalucía. E Cataluña, que continúa co cribado masivo na comarca do Vallés, rexistra unha lixeira melloría.

Tamén Castela e León, unha comunidade que tivo que tomar medidas especiais pola expansión do virus. Aranda de Duero comeza a fin de semana confinada.

Aragón, que durante toda a semana foi a comunidade que máis casos diarios aportou, non puido cargar os datos este venres. Porén, segue a sumar contaxios, sobre todo en Zaragoza. As autoridades van poñer en marcha na capital un dispositivo de vixilancia para controlar que as persoas infectadas permanecen na casa.

Noticias web

07/08/2020