CRTVG

Buscar

Permanece illado un hostal de Alxeciras por un brote de covid, cun falecido

Publicado o 18/06/2020 13:59
Permanece illado un hostal de Alxeciras por un brote de covid, cun falecido

A Policía Local de Alxeciras, co apoio da Policía Nacional, mantén illado un hostal tras detectar un brote de coronavirus entre os hóspedes.

Nun comunicado, o concello de Alxeciras explicou que una das persoas que se aloxaba no hostal faleceu onte despois de ser trasladada ao hospital Punta de Europa. Ademais, detectáronse outros tres positivos. O falecido é un home de 78 anos que fora aloxado nesta pensión polos Servizos Sociais do Concello, ao carecer de recursos económicos, e que padecía patoloxías previas.

O Concello deu orde á Policía Local para que illase o establecemento e evitase a saída e entrada de persoas. Realizáronselles probas aos residentes e tres deron positivo.

Todos eles permanecen illados en cuartos individuais, segundo sinalan dende o Concello, que indica que voluntarios de Protección Civil entregaron alimentos e material de protección ao establecemento.