CRTVG

Buscar

Perigo dunha nova riada de residuos minerais no Brasil

Publicado o 27/01/2019 14:32

As autoridades evacuaron os habitantes de polo menos dúas comunidades ante o perigo inminente de que rompa outro dique de residuos.


Complícanse pois os labores de rescate de vítimas. As cifras ata o momento son de 37 cadáveres recuperados e entre 250 e 300 desaparecidos.


Na zona, quen máis quen menos, ten algún familiar entre as vítimas ou perdeuno todo. Denuncian que nin soaron as alarmas e ven neglixencia tanto da empresa como das autoridades.


As autoridades xudiciais insisten en que se está investigando o ocorrido para depurar responsabilidades.
 

Noticias web

27/01/2019