CRTVG

Buscar

Os responsables do operativo confían en poder chegar ata Julen antes do luns

Publicado o 18/01/2019 21:32

En Totalán, onde os técnicos traballan sen descanso para poder comezar a furar os túneles verticais e intentar rescatar a Julen antes do luns. 

Os responsables do operativo confían en poder chegar ata Julen antes do luns a pesar das dificultades que van xurdindo co paso das horas. As dúas tuneladoras para perforar os dous túneles verticais chegaron a Totalán pero non puideron comezar a traballar ata media tarde???? porque o acceso desta maquinaria pesada ata o lugar onde está o pozo foi lento e tamén porque atoparon rocha nas escavacións. A perforación en condicións favorables pode durar 15 horas pero se volven topar con rocha todo irá máis lento.

A nova perforadora chegou a Totalán este venres procedente das obras que se están facendo na M-40 de Madrid. Esta ten máis lonxitude e permite comezar a traballar sen ter que rebaixar antes a montaña. pero ainda non pudieron comezar a peforar. Os técnicos insisten en que a operación é moi complicada. En condicións normais a execución do primeiro túnel vertical podería durar 12 ou 15 horas pero se volven atopar máis rocha os traballos poden ralentizarse.

Cando rematen o túnel vertical, o equipo de rescate mineiro que se desprazou desde Asturias deberá construír unha galería horizontal que conecte co lugar onde está o cativo. Un xeolocalizador permitiu averiguar que o pozo onde caeu ten unha desviación entre a boca e o fondo, o que resulta moi útil para os rescatadores.

 

Noticias web

18/01/2019