Peregrinos e visitantes enchen Santiago de cor
Publicado o 10/07/2021 21:38
A demanda turística non se aprecia só no parque nacional das Illas Atlánticas. Así estaba a primeira hora desta tarde a capital galega, coa praza do Obradoiro salpicada de cor por peregrinos e visitantes.
Tamén vimos colas extensas para entrar pola porta Santa. Ano santo, fin de semana e o bo tempo suman atracción a un escenario monumental único.