CRTVG

Buscar

Peregrinos e turistas enchen Santiago nun domingo solleiro

Publicado o 06/06/2021 23:01

Recupéranse imaxes xa pouco habituais nos últimos meses dos camiños cara a Santiago, e así está tamén o Camiño na súa meta. Moito movemento de peregrinos e de turistas este domingo na capital galega. Cada vez son máis longas as ringleiras na Porta Santa e cada vez é maior tamén a trasfega de visitantes polas rúas da cidade.

A desescalada avanza, había ganas de viaxar e Galicia parece que se confirma neste Ano Santo como un dos destinos preferidos polos de dentro e os de fóra da comunidade. Recibe Santiago máis peregrinos este domingo que nos últimos tres meses.

Noticias web

06/06/2021