CRTVG

Buscar

Pere Aragonès toma posesión hoxe como presidente e mañá anunciará o seu Goberno

Publicado o 24/05/2021 15:12

Pere Aragonès tomará posesión esta tarde como presidente da Generalitat. Será nun acto sinxelo de formato reducido, no que Quim Torra lle imporá a medalla simbólica do cargo. Tamén estarán presentes Oriol Junqueras e Miquel Iceta, ministro de Política Territorial.

Mañá o novo 'president' dará a coñecer os membros do seu executivo, formado por sete consellers de Esquerra e sete de Junts. Entre estes dáse por seguro o ex-director xeral da Fundación La Caixa Jaume Giró para a carteira de Economía.

Entre os obxectivos do novo Goberno, di Aragonès, están o referendo e a amnistía.

Noticias web

24/05/2021