Pere Aragonès manifestou a súa intención de que Cataluña celebre un referendo de independencia antes do 2030
Publicado o 30/08/2021 21:24
O presidente da Generalitat, Pere Argonès, manifestou hoxe nunha entrevista na televisión pública catalá a súa intención de que Cataluña poida celebrar un referendo de independencia a ser posible antes de 2030.
Pere Aragonès: "O que queremos é un procedemento acordado, queremos que Cataluña poida votar de forma recoñecida canto antes mellor, e se vota desa forma antes de 2030, pois serían os primeiros Xogos Olímpicos en que poderiamos participar coa nosa bandeira".