CRTVG

Buscar

Perde unha roda nada máis saír dun taller de pneumáticos

Publicado o 30/10/2019 14:33

Curioso accidente o que aconteceu este mércores na localidade de Pazos, en Verín. Un vehículo, un todoterreo, que acaba de saír dun taller de pneumáticos, perdeu unha das rodas e acabou batendo contra outros dous coches que estaban aparcados na zona. Aconteceu na Nacional 525. Afortunadamente só houbo que lamentar danos materiais. Os dous coches estragados pertencen a traballadores do taller.


 

Noticias web

30/10/2019