CRTVG

Buscar

Perde peso a acusación contra ministros franceses de participar en festas ilegais

Publicado o 05/04/2021 15:20
Perde peso a acusación contra ministros franceses de participar en festas ilegais

En Francia investigan se varios ministros participaron en festas ilegais organizadas en restaurantes que levaban meses pechados. Varios membros do Goberno desmentiron hoxe a información.

A orixe está nunha reportaxe dunha canle de televisión, onde o propietario dun lugar de eventos afirmaba que ceara con ministros en locais semiclandestinos. Despois dixo que era unha broma, pero o Ministerio do Interior ordenou unha investigación.

Noticias web

05/04/2021