Percorrido polas propostas gastronómicas galegas en Madrid
Apostar pola gastronomía galega é un éxito seguro sexa onde sexa. Hoxe damos unha volta por Madrid Ducias de milleiros de galegos viven alí. Se lles ataca a morriña, teñen unha oferta diversa para sentirse coma na casa... e para todos os petos.
Deixamos o Centro Galego e adentramonos, pisando a pegada de Emlia Pardo Bazán, no barrio das Letras. En pleno centro madrileño facemos a primeira parada gastronómica na Taberna Maceiras.
Ocafú, coas suas distintas localizacións, Bar Carallo, son nomes que aparecen na ruta mentres escapamos do centro cara ao extraradio. En Vallecas, nun polígono industrial, atopamos o Restaurante Muxía. Se o buscan en portais gastronómicos, verán que é dos mellor valorados.
De volta ao centro, pasamos pola embaixada oficial e acabamos na Oficiosa. Lúa, con Manu Domínguez á fronte, leva cinco anos defendendo a estrela Michelin.
Restaurante Lua é das referencias da gastronomía galega do seculo XXI. Tamén punto de encontro para a galeguidade madrileña. Acabamos convencidos outra vez de que en Madrid vivimos como galegos.