CRTVG

Buscar

Percorremos Vigo, baleiro polo confinamento

Publicado o 13/04/2020 21:28

Case 300.000 habitantes, máis de 1.800 rúas. Todas baleiras. Hoxe non podemos camiñalas. Este percorrido desde o interior dun coche e a través dos ollos das nosas cámaras debúxanos unha cidade baleira, a palabra máis chea de contido desque se decretou o estado de alarma. Un Vigo baleiro que nos fala desde o balcón.

Para os que viven Vigo, choran e celebran Vigo, cando menos esta é unha imaxe curiosa. Puxémoslle música de Andrés do Barro cantada polos vigueses Eladio y los Seres Queridos. A eles este Vigo coa alma dentro das casas tamén os impresiona.
E ata que chegue ese momento toca iso, saudade!.










 

Noticias web

13/04/2020