Percorremos Ourense, baleiro polo confinamento
Publicado o 14/04/2020 21:12
Por máis que miremos para elas, por máis que o saibamos, custa acostumarse. A esta e a todas as rúas de Ourense parece que lles falta o nome. Quedaron orfas de pés , balbordo e rutina. Quedaron baleiras, agardando. Foi a banda ourensá Os Amigos dos Músicos quen fixo esta versión que soa do poema Aí vén o maio. Un maio esperanzador que agardan dende o interior das súas casas, en Ourense.
Excepcionalmente silenciosa, na cidade tranquila nunca os días foron tan iguais. No medio de tanta soidade e á velocidade que percorremos Ourense baleira, non pasan desapercibidos eles, os traballadores esenciais.
O Ourense de sempre, se cadra, non será moi tarde, velaí vén "o maio de frores cuberto".