CRTVG

Buscar

Pequeno verán en pleno mes de febreiro

Publicado o 03/02/2020 14:34

O verán instalouse durante unhas horas en polo menos 36 provincias de toda España. As temperaturas son moi altas para a época do ano en que estamos e van oscilar entre 20 e os 26 graos.

Imaxes propias do verán as que se podían ver esta mañá en Barcelona.

Aquí e noutras 35 provincias de toda España estarán hoxe, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, con temperaturas moi altas para a época do ano en que estamos.

Nalgúns lugares como Córdoba e Murcia poderían superar os 25 graos, o mesmo que na comunidade valenciana.

Tamén no Cantábrico haberá temperaturas pouco habituais para un mes de febreiro. En San Sebastián terán hoxe ata 24 graos de máxima, pero en só cuestión de horas baixarán de xeito brusco ata os 13.

De maneira ben distinta espertaron esta mañá en Madrid, onde a visibilidade era practicamente nula.

Pero tamén aquí o tempo inusualmente cálido fará que suban, aolongo do día, tanto as temperaturas míninas como as máximas.

Noticias web

03/02/2020