CRTVG

Buscar

Showcooking de Pepe Solla en Vigo para enfermos de ril

Publicado o 09/03/2019 20:21

A enfermidade renal crónica afecta a una de cada dez persoas e a súa dieta é moi complexa. O cociñeiro Pepe Solla realizou en Vigo un showcooking con menús adaptados ás súas necesidades para ampliar, deste xeito, a variedade dos seus pratos. 

Francisco leva sete anos en diálise e ten que coidar moito a súa alimentación. Ao prinicipio custoulle adaptarse, pero sabe que iso pode complicar a súa saúde.

Teñen que rebaixar os niveis de potasio, sodio e fósforo, polo que unha alimentación adecuada mellora o seu prognóstico. O cociñeiro Pepe Solla participou en Vigo nun showcooking no que achegou alternativas ás súas restricións para que enriquezan os seus pratos. 

Polbo cocido sen agua, escabeches para o peixe, augachile de peixe sapo foron algunhas das cousas que cociñou. Para iso tivo en conta que vexetais e legumes tiñan que estar a remollo polo menos 24 horas cambiando a auga varias veces.

Noticias web

09/03/2019