Pepe Casal, logo da lembranza de Pau Gasol: "Emocionadísimo, caéronme lágrimas por todos os lados"
Publicado o 06/10/2021 17:08
Recoñeceu tamén que "non o agardaba" e que quedou "totalmente abraiado"
Á volta de Barcelona visitounos Pepe Casal. Coa máscara oficial do acto de despedida de Pau Gasol. Pepe Casal foi convidado de maneira particular por Gasol. Practicamente dez anos colaborando.
Pepe Casal: "Emocionadísimo, caéronme lágrimas por todos os lados. Moi agradecido, non o agardaba. Empezou por min. Quedei totalmente abraiado".