CRTVG

Buscar

Pellegrini, sobre Coudet: "Era xogador de entrega e liderado. Xa me parecía que ía ser técnico"

Publicado o 19/01/2021 16:29

Manuel Pellegrini lembraba a súa etapa na que Coudet foi o seu alumno avantaxado en River Plate: "Tiven a fortuna de dirixilo como técnico de River. Era xogador de entrega e liderado, a min xa me parecía que ía ser técnico. É un técnico que demostrou a súa capacidade, a chegada a España faille ben a el e á Liga. Transmite os seus conceptos ofensivos, seguro que España terá un técnico de moita calidade".

Respecto a que Celta de Vigo espera sen o lesionado Iago Aspas, o preparador bético aseguraba que o seu adversario "é un equipo cunha transformación importante. Desde a chegada de Coudet é un equipo distinto. Todos os equipos teñen xogadores fundamentais, como Iago no Celta, por suposto que o teñen que botar de menos, pero tamén teñen un cadro de persoal para que aparezan outros xogadores. O Celta vén dun momento que non leva os últimos resultados bos, pero demostrou que ten moi bos xogadores, ten xogadores de moita calidade aínda que lles falte Iago Aspas".

Noticias web

19/01/2021