CRTVG

Buscar

Periga o turismo británico: o sector calcula unhas perdas de 380 millóns semanais

Publicado o 04/06/2021 14:56

Confirmouse: o Reino Unido mantén España na lista dos países aos que recomenda non viaxar salvo por motivos esenciais. Así que os que veñan igualmente terán que gardar corentena á volta e facer varias PCR, polo que o sector xa dá por seguro que a maioría non virá e fan contas: deixarán de ingresar máis de 55 millóns por día.

Hai especial decepción nas Baleares e nas Canarias despois de que a prensa británica especulara con que podían quedar fóra das restricións. En illas como Tenerife, o turismo británico representa case o 50%. Tamén hai decepción no Goberno central, que reclamaba unha distinción por territorios. As restricións manteranse alomenos tres semanas. Na mesma situación están outros destinos competidores con España como Grecia, Francia ou Portugal.

Noticias web

04/06/2021