CRTVG

Buscar

Pelexa entre grupos de mozos na zona dos viños en Ourense

Publicado o 05/07/2021 13:48
Pelexa entre grupos de mozos na zona dos viños en Ourense

Ducias de mozos pelexando nas rúas en Ourense. Foi na zona dos viños, e non houbo feridos de casualidade, porque empurróns, puñadas e lanzamento de obxetos houbo en pouco tempo.

Algún bar da zona pechou ante a virulencia da liorta e houbo persoas que apresuraron a súa retirada de locais e de rúas próximas á refrega.

A pelexa foi pouco antes da medianoite do sábado na confluencia das rúas Viriato e Paxaro.

Noticias web

05/07/2021