Pedro Sánchez visita Avila e anuncia a declaración de zona catastrófica
A visita comezou en Sotalbo, un dos concellos máis afectados polos incendios da pasada fin de semana. Pedro Sánchez, acompañado pola vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, saudou as autoridades locais, felicitou o persoal que traballou na extinción do lume e na evacuación dos veciños.
Ademais de reunirse cos alcaldes, tamén escoitou as peticións dos afectados. Moitos perderon casas, gando, pastos e algúns contan que salvaron a vida por pouco.
O presidente falou da esgazadura emocional que sofren os habitantes das zonas queimadas, e anunciou axudas para todas as comunidades autónomas que sufriron incendios ou desastres doutro tipo a través da declaración de zona catastrófica.
"E por iso quero dicirlles que neste consello de ministros do martes, o primeiro despois das vacacións, imos declarar como zonas gravemente afectadas por emerxencia de protección civil a todas e acada unha das comunidades autónomas que sufriron incendios este verán e outro tipo de desastres naturais", di o presidente.
O presidente fixo un chamamento para eu todas as administracións destinen recursos á recuperación das zonas afectadas e pediulles aos cidadáns prudencia para evitar máis incendios.